Saltar ao contido

Copa Príncipe de Asturias de fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa Príncipe de Asturias de fútbol
Tipotorneo Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1914 – 1926 Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
GañadorCataluña (3) Editar o valor en Wikidata

A Copa Príncipe de Asturias de fútbol foi unha competición entre seleccións formadas por xogadores pertencentes ás distintas federacións territoriais afiliadas á Real Federación Española de Fútbol. Foi disputada de 1914 a 1918 co seu nome orixinal, e de 1922 a 1926 co nome de Campionato Interrexional. As federacións territoriais podían seleccionar calquera futbolista dos seus clubs federados para participar no torneo, independentemente do lugar onde naceran.

O torneo fora creado inicialmente pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da RFEF, en 1913.[1]

A Copa Príncipe de Asturias da FECF (1913)

[editar | editar a fonte]

A competición foi creada orixinalmente en 1913 pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da RFEF, en honor do entón Príncipe de Asturias, don Afonso de Borbón e Battenberg, sendo o trofeo unha doazón feita no seu nome polo seu pai Afonso XIII.[1][2][3][4][5] Don Afonso era o primoxénito do rei Afonso XIII, e ostentou o devandito cargo dende o seu nacemento en 1907 até a proclamación da Segunda República en 1931.

A diferenza do que logo sucedería nos torneos posteriores organizados pola RFEF, onde eran as súas federacións rexionais afiliadas as responsables da elaboracións das súas respectivas seleccións, no torneo da FECF a elaboración das seleccións recaeu directamente nos propios clubs das rexións delimitadas nas bases da competición, que segundo as mesmas tiñan que formar xurados conxuntos para a citada tarefa.[1]

Inscribíronse as seleccións do Centro (formada por xogadores do Madrid F.C., Gimnástica de Madrid e Español), a do Norte (formada soamente polo Racing de Irún) e a das Academias Militares (integrada pola Academia de Infantaría),[6] retirándose esta última antes do comezo do torneo.[7][8]

A competición tivo lugar en Madrid co gallo das celebracións do aniversario do Príncipe de Asturias os días 11 e 12 de maio. O primeiro partido foi gañado pola selección do Norte por 2-1,[8][9][10][11] mentres que o segundo partido rematou con polémica, xa que fora temporalmente suspendido por unha forte sarabia e cando o árbitro mandou reanuda-lo encontro os xogadores madrileños non se aliñaron no campo, marcando os irundarras un gol a porta baleira e finalizado así o encontro, gañando a selección do Norte os dous partidos disputados.[8][12][13]

Posteriormente a Asemblea da Federación acordou a repetición deste segundo encontro, instando a que o Racing de Irún e os equipos madrileños se puxeran de acordo coa data e lugar de celebración do mesmo.[14][15] A finais de xuño aínda non había data fixada.[16] A principios de xullo foi publicado que o partido tería lugar a finais dese mesmo mes en Irún, e que a selección do Centro viría acompañada do presidente da FECF, Ricardo Ruiz Ferry.[17]

O certo é que Ruiz Ferry chegaría a ir a Guipúscoa a finais dese mesmo mes, pero para se reunir en Donostia cos representantes da Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (RUECF), unha escisión da FECF, e negociar con eles a fusión de ámbalas dúas federacións,[18][19][20] feito que culminaría coa creación da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).[21][22]

Os torneos organizados pola RFEF (1914-18 e 1922-26)

[editar | editar a fonte]

Coa Real Federación Española de Fútbol xa constituída, o torneo foi instituído oficialmente na súa Asemblea Ordinaria de 1914.[23][24]

Durante a primeira etapa desta competición (entre 1914 e 1918), disputábanse tódolos partidos en Madrid e a inscrición era voluntaria para as distintas federacións territoriais. Após catro edicións, o trofeo foi outorgado en propiedade á Federación Centro por se-la primeira en gaña-la competición dúas veces, e non se volveron disputar máis edicións.

Catro anos despois, na asemblea da RFEF celebrada en Vigo en xullo de 1922, acordouse reinstaura-lo torneo co nome de Campionato Interrexional para axudar á escolla de xogadores para a selección española. O torneo sería disputado mediante eliminatorias e a final sería xogada en sedes que variarían cada ano. A participación sería obrigatoria para tódalas federacións afiliadas á RFEF[25][26].

Despois de se xogar dúas edicións baixo o novo sistema, acordouse elimina-la competición nunha asemblea da RFEF[27], mais aínda sería disputada unha derradeira edición co obxectivo de outorga-lo trofeo en propiedade, onde só participaron as dúas seleccións que o gañaran previamente nas dúas anteriores edicións.

Na tempada 1914-1915, e por iniciativa do Comité Nacional que rexía entón os destinos da Real Federación Española de Fútbol, empezou a xogarse un campionato de seleccións rexionais, co nome de «Copa Príncipe de Asturias» por disputarse como trofeo a copa doada pola Súa Alteza Real.

Nesta proba, cuxos partidos debían ter lugar todos en Madrid, participaban, con carácter voluntario, as Federacións rexionais. O primeiro ano, gañou a copa a selección da Federación Norte, o segundo ano a da Catalana e os dous seguintes a da Centro, ficando así definitivamente adxudicada a esta Federación.

Posteriormente, por acordo da Asemblea de Vigo, instituiuse o campionato de seleccións rexionais, no que, con carácter obrigatorio, debían participar tódalas federacións rexionais durante un mínimo de dous anos, que foron soamente os que se celebraron. O primeiro ano triunfou a selección asturiana e o segundo a de Cataluña, e a fin de dedicir a posesión definitiva do trofeo que servía de premio para o dito campionato, celebráronse recentemente dous partidos entre ámbalas seleccións, que deron finalmente o triunfo á Federación Catalana.
Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1926-1927. p. 26.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Participaron as selección do Norte (País Vasco e Cantabria), de Cataluña e do Centro (Ávila, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Segovia e Toledo). Tódolos partidos se disputaron no Campo de O'Donnell de Madrid. Disputouse en forma de liga e a campioa foi a selección do Norte, despois dun emapte e unha vitoria.[28]


Campión
Cantabria Norte
1º título

A seguinte edición do campionato ía ser disputada polas mesmas seleccións que a primeira edición. Porén, a selección do Norte finalmente non se presentou por non poder reunir tódolos seus integrantes por diferenzas existentes dentro da súa propia federación.[29] Dese xeito, as seleccións do Centro e Cataluña disputaron o trofeo, resultando vencedora a segunda, tras gaña-lo primeiro partido[30] e empata-lo segundo encontro.[31]


Campión
Cataluña Cataluña
1º título

Na terceira edición do torneo tomou parte a selección Cantábrica (formada polas provincias de Oviedo e Santander). Novamente se ausentou a selección do Norte (País Vasco). As outras dúas seleccións participantes foron a do Centro e a de Cataluña. Volveuse disputar en forma de liga, pero foi preciso un desempate final entre casteláns e cataláns,[32] que gañou a selección do Centro.[33]

Durante o partido de desempate, cun resultado de 2-0 favorable aos casteláns, foi anulado un gol a Cataluña por ser marcado cun lanzamento directo de saque de esquina (non válido segundo as reglas da época). Tralas protestas foi expulsado un xogador catalán. A selección catalá abandonou o partido en sinal de protesta no minuto 75.[34]


Campión
Centro Centro
1º título

A cuarta edición da competición deixou claro que estaba estancada. Os clubs de fútbol demandaron á Federación en xaneiro de 1918 que suspendese a competición. Ademais, a competición coincidía coa celebración da Copa do Rei polo que os mellores xogadores non podían tomar parte.[32] Finalmente só participaron as selección do Cento e do Cantábrico, e a competición foi disputada nunha final directa a dobre partido.[35] A vitoria foi para o Centro, que obtivo o trofeo en propiedade.[36]


Campión
Centro Centro
2º título

Despois do éxito conseguido por España nos Xogos Olímpicos de Antuerpen, e de cara á preparación da selección española para os Xogos de París de 1924, a Asemblea Nacional acordou na reunión de 20 de xulio de 1922, restablecer a competición como base para a composición do equipo. Nesta edición participaron as oito federacións afiliadas á federación estatal: Galiza, Asturias, Biscaia, Guipúscoa, Cataluña, Levante, Centro e Sur.[32]

Cuartos de final
Semifinais
Final


Campión
Asturias Asturias
1º título

Á tempada seguinte foi disputada unha nova edición desta competición, que non acadou o éxito da anterior, alén de que, completada a misión de servir de base para forma-lo equipo olímpico e tralo fracaso español en París, supuxo a supresión definitiva da competición segundo acordo adoptado pola Asemblea Nacional do 26 de xuño de 1924. Os participantes e o formato foron os mesmos que a tempada anterior.[32]

Cuartos de final
Semifinais
Final


Campión
Cataluña Cataluña
2º título

Finalizado o torneo, no ano 1926 aínda se disputou unha derradeira edición entre os dous gañadores do Campionato Interrexional: Asturias e Cataluña. A selección catalá proclamouse campioa, ficando co trofeo en propiedade.[32]


Campión
Cataluña Cataluña
3º título

Historial

[editar | editar a fonte]
Tempada Campión Subcampión
1915 Cantabria Norte Cataluña Cataluña
1916 Cataluña Cataluña Centro Centro
1917 Centro Centro Cataluña Cataluña
1918 Centro Centro Asturias Cantabria Cantábrico
1923 Asturias Asturias Galicia Galiza
1924 Cataluña Cataluña Centro Centro
1926 Cataluña Cataluña Asturias Asturias

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Selección Campionatos Subcampionatos Anos dos campionatos Notas
Cataluña Cataluña 3 2 1916, 1924 e 1926 Un trofeo en propiedade.
Centro Centro 2 2 1917 e 1918 Un trofeo en propiedade.
Asturias Asturias 1 1 1923
Cantabria Norte 1 1915
Galicia Galiza 1
Asturias Cantabria Cantábrico 1
  1. 1,0 1,1 1,2 "Concurso de selección interregional. Premios: Copa de S. A. R. el Príncipe de Asturias y 12 medallas de la Federación. BASES PARA 1913.—PRIMER AÑO.". España automóvil y aeronáutica nº 7 (en castelán). 15 de abril de 1913. p. 10. 
  2. "Concurso de selección interregional. Premios: Copa de S. A. R. el Príncipe de Asturias y 12 medallas de la Federación. BASES PARA 1913.—PRIMER AÑO.". España automóvil y aeronáutica nº 7 (en castelán). 15 de abril de 1913. p. 11. 
  3. "Futbolerías". Heraldo de Madrid nº 8.172 (en castelán). 16 de abril de 1913. p. 4. 
  4. "La vida deportiva. Concurso de selección interregional". La Correspondencia de España nº 20.147 (en castelán). 10 de abril de 1913. p. 4. 
  5. "En Madrid. Concurso de selección interregional" (PDF). Mundo Deportivo nº 379 (en castelán). 17 de abril de 1913. p. 5. 
  6. "Foot-ball. Federación Española". La Correspondencia de España nº 20.176 (en castelán). 9 de maio de 1913. p. 5. 
  7. "Foot-ball. Federación Española". La Correspondencia de España nº 20.177 (en castelán). 10 de maio de 1913. p. 6. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Desde Madrid. Concurso Regional" (PDF). Vida Sportiva nº 34 (en castelán). 1 de xuño de 1913. pp. 13–14. 
  9. "Foot-ball". La Tribuna nº 464 (en castelán). 13 de maio de 1913. p. 9. 
  10. "Foot-ball". El Debate: Época SEGUNDA nº 555 (en castelán). 12 de maio de 1913. p. 3. 
  11. "Foot-ball. De Madrid". Sport sevillano nº 9 (en castelán). 15 de maio de 1913. p. 9. 
  12. "El Campeonato de selección". La Tribuna nº 471 (en castelán). 20 de maio de 1913. p. 9. 
  13. "Martes deportivo de La Publicidad. Foot-ball. En Madrid. Copa inter-regional". La Publicidad nº 12.265 (en castelán). 20 de maio de 1913. p. 3. 
  14. "Futbolerías. La asamblea de este año". Heraldo de Madrid nº 8.219 (en castelán). 2 de xuño de 1913. p. 4. 
  15. "Plana deportiva. L'armonia en la F.E.C.F. - En Ruiz Ferry president!". El Poble català nº 3.005 (en castelán e catalán). 5 de xuño de 1913. p. 3. 
  16. "Futbol". Heraldo de Madrid nº 8.247 (en castelán). 30 de xuño de 1913. p. 4. 
  17. "La semana deportiva. Todos los deportes. De foot-ball" (PDF). El Pueblo Vasco nº 3.700 (en castelán). 9 de xullo de 1913. p. 3. 
  18. "Se firmó la paz" (PDF). Mundo Deportivo nº 395 (en castelán). 7 de agosto de 1913. p. 3. 
  19. "Acta" (PDF). Vida Sportiva nº 37 (en castelán). 25 de agosto de 1913. pp. 5–6. 
  20. "La Semana Deportiva. Notas de la semana. Balompié" (PDF). El Pueblo Vasco nº 3.722 (en castelán). 31 de xullo de 1913. p. 4. 
  21. Vicent Masià (Xuño de 2011). "La Federación Española de Fútbol (I)". La Futbolteca. 
  22. Félix Martialay. "Rompecabezas resuelto". ¡Amberes! Allí nació la furia española. pp. 80–84. ISBN 9788492109777. 
  23. "Foot-ball. Parte oficial. Acta de la primera asamblea general ordinaria de la Real Federación Española de Foot-ball celebrada en los días 29 de Mayo al 1.º de Junio de 1914". El Diluvio nº 162 (Ano LVI) [Edición da mañá] (en castelán). 11 de xuño de 1914. p. 27. 
  24. "Fútbol. Parte oficial. Acta de la primera Asamblea general ordinaria de la Real Federación Española de Foot-ball celebrada en los días 29 de Mayo al 1.º de Junio de 1914". Heraldo de Madrid nº 8.590 (en castelán). 8 de xuño de 1914. p. 5. 
  25. "La Asamblea de Vigo". La Correspondencia de España nº 23.350 (en castelán). 27 de xullo de 1922. p. 4. 
  26. "Importante acuerdo sobre los traspasos de jugadores" (PDF). Mundo Deportivo nº 856 (en castelán). 24 de xullo de 1922. p. 1. 
  27. "Supresión del Campeonato Interregional". Madrid-Sport nº 406 (en castelán). 10 de xullo de 1924. p. 3. 
  28. "Futbol. Copa del Príncipe de Asturias. Asamblea de la R.F.E.F." (PDF). Mundo Deportivo nº 488 (en castelán). 17 de maio de 1915. p. 1. 
  29. "Noticias deportivas. Foot-ball". ABC nº 3.979 (en castelán). 13 de maio de 1916. p. 15. 
  30. "Noticias deportivas. Foot-ball". ABC nº 3.978 (en castelán). 12 de maio de 1916. p. 17. 
  31. "Noticias deportivas. Foot-ball". ABC nº 3.980 (en castelán). 14 de maio de 1916. p. 19. 
  32. 32,0 32,1 32,2 32,3 32,4 Vicente Martínez Calatrava (1 de setembro de 2009). "La Copa Príncipe de Asturias". Cuadernos de Fútbol nº 2 (en castelán). ISSN 1989-6379. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2015. 
  33. "Notas deportivas. Futbol". ABC nº 4.346 (en castelán). 17 de maio de 1917. p. 16. 
  34. Federació Catalana de Futbol. "COPA PRÍNCEP D'ASTÚRIES (INTERREGIONAL)" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 21 de abril de 2023. 
  35. "Centro ganó la Copa Príncipe de Asturias 1918". El Mundo (en castelán). Consultado o 21 de abril de 2023. 
  36. "Copa Príncipe de Asturias" (PDF). Mundo Deportivo nº 628 (en castelán). 29 de xaneiro de 1918. p. 4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]